15/04/2024
POR QUE ‘VILALBA CONTIGO’❓
👉 A semana pasada presentamos 'Vilalba Contigo', o novo programa do Concello de Vilalba a través do cal coordinaremos todas as políticas sociais municipais para mellorar a súa eficiencia.
✍️ Cando falamos de políticas sociais referímonos á Axuda no Fogar, ao Centro de Información á Muller (CIM), á Escola Infantil Municipal, ás iniciativas de conciliación ou as medidas de apoio ás familias que están en situación de vulnerabilidade, entre outros moitos servizos.
👍 Por iso eliximos o nome de 'Vilalba Contigo', porque desde o Concello de Vilalba queremos estar moi preto dos nosos veciños e veciñas, ao seu carón para escoitar as súas necesidades e buscar solucións.
✅ “As políticas sociais son o piar básico da nosa acción de goberno, ás medidas ás que destinamos un maior número de recursos porque somos conscientes da súa importancia para a veciñanza”, asegura Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba e responsable da área de Servizos Sociais.
Durante as próximas semanas, explicaremos nas redes sociais do concello en que consiste 'Vilalba Contigo', que servizos agrupamos baixo o paraugas deste programa, que recursos tedes á vosa disposición, e algunhas cifras básicas das políticas sociais municipais.
🫶 Grazas polo voso interese!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies