Noticias e alertas

👷🏽‍♂️ Os sete traballadores que superaron as probas selectivas da bolsa de emprego convocada polo Concello nas pasadas semanas v...

24/07/2024

👷🏽‍♂️ Os sete traballadores que superaron as probas selectivas da bolsa de emprego convocada polo Concello nas pasadas semanas veñen de incorporarse aos seus postos de traballo



🌿 En concreto o cadro de persoal está conformado por 2 oficiais e 5 peóns de xardinería que centrarán as súas actuacións no mantemento da área recreativa da Madalena e do paseo fluvial, onde xa se atopan traballando dende comezos desta semana



🚜 Dita contratación, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, súmase á adquisición de dúas motoserras profesionais, unha motoserra de man, unha motoserra telescópica, un cortasetos de man, un cortasetos telescópico, catro desbrozadoras profesionais de man, dúas motoserras profesionais dunha sola man, un corta céspede e un soprador accionado a gasolina



ℹ️ Unha inversión total de 193.342,76 euros para "manter os nosos espazos verdes coidados, preservando e poñendo en valor o patrimonio natural do noso municipio”, explicou a rexedora, Marta Rouco



🗣️ Ademais, a alcaldesa, que se achegou co concelleiro Luis Fernández a saudar aos novos traballadores, salientou a importancia de "manter un espazo tan valioso como o noso paseo fluvial nas mellores condicións posibles, especialmente no verán, cando temos máis oportunidades e tempo para gozar del"



#alcaldia #bolsa #emprego #xardineria #paseo #madalena #concello #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies