Noticias y alertas

✅ A empresa adxudicataria das obras do parque infantil da Rúa da Emigración comezou no día de hoxe as actuacións para proceder á...

26/08/2024

✅ A empresa adxudicataria das obras do parque infantil da Rúa da Emigración comezou no día de hoxe as actuacións para proceder á renovación do mesmo



🛝 As obras incluirán a colocación dunha corda tirolesa de 25 metros de lonxitude, a reparación e reinstalación dos xogos existentes e o cambio de localización do mobiliario



👷🏽 Pola súa banda, os traballos tamén suporán a retirada do actual pavimento amortecedor e as soleiras de formigón, para logo instalar un novo pavimento de seguridade con acabado de céspede artificial



🗣️ Un conxunto de actuacións que "dan resposta ás necesidades demandadas polos nenos e nenas no Consello da Infancia e mellorarán o estado dos xogos infantís e da contorna para dotala de maior seguridade e confort para os usuarios e usuarias", explicou a alcaldesa, Marta Rouco



🔝 Así mesmo, a rexedora tamén salientou "o dinamismo que aportará a colocación da corda tirolesa, sendo este o único parque do noso casco urbano que contará cunha infraestrutura coma esta" e a cal se inclúe nun proxecto de obra que ascende aos 51.112,23 euros de inversión



🔜 No referido ao remate das obras, está previsto que a empresa finalice os traballos necesarios durante o mes de setembro, permitindo que os nenos e nenas aproveiten as melloras realizadas



#alcaldia #concelleriainfraestruturasurbanas #parque #infanti #obras #concello #vilalba



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies