Noticias y alertas

🖼️ A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo visitaron na mañá de...

27/08/2024

🖼️ A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo visitaron na mañá de hoxe a exposición "Pinceladas e trazos" de Masu Santalla na Casa da Cultura



🫱🏽‍🫲🏼 Acompañadas pola autora das pinturas e a directora do Centro Ocupacional de Vilalba, Belén Varela, fixeron un percorrido pola exposición, coñecendo os detalles e a historia dalgunha das súas obras



🫂 Ademais, Masu Santalla quixo agasallar ao Centro Ocupacional Vilalba Terra Chá co seu óleo sobre lenzo que leva por nome 'Pérgola no xardín'



🗣️ "Temos que agradecer enormemente a Masu a súa doazón ao noso Centro Ocupacional e, por suposto, salientar o seu gran talento e convidar a todo o mundo a que visite a súa exposición, que sen dúbida sorprenderá a calquera pola súa calidade e delicadeza", salientou a alcaldesa e presidenta da fundación do Centro Ocupacional, Marta Rouco



#alcaldia #centroocupacional #pintura #exposicion #concello #vilalba



























Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies