Noticias e alertas

🎉 A explanada da Madalena volveu vestirse de gala para celebrar a xira dos...

28/08/2024

🎉 A explanada da Madalena volveu vestirse de gala para celebrar a xira dos maiores, na que se reuniron máis de 300 persoas



⛪️ Dende as 12:30 os asistentes comezaron a chegar á Madalena para participar na misa cantada pola Coral Luar e logo gozar dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Venus



🍽️ Posteriormente celebrouse o xantar popular ao que acudiron veciños vilalbeses e de diversos municipios da contorna



🗣️ A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Marta Rouco, explicou que "o Concello fíxose cargo dun 40% do custe de cada menú co obxectivo de que o prezo da comida non fora un impedimento e que ninguén deixara de asistir á xira por ese motivo"



🕺🏽 Logo da comida, o Dúo Venus continuou coa súa actuación, ofrecendo un baile para todos os asistentes co que se pechou a cita que a alcaldesa, Marta Rouco, valorou "moi positivamente, tivo moi boa acollida e iso sempre é moi gratificante"



#alcaldia #concelleriaservizossociais #xira #maiores #festas #concello #vilalba







































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies