Noticias y alertas

🏵😜 A área de #PromociónDaLingua anuncia un #concerto, complementario da...

29/08/2024

🏵😜 A área de #PromociónDaLingua anuncia un #concerto, complementario da programación das Festas de San Ramón e Santa María, no marco da iniciativa #Emprazadas. Así, o grupo revelación da música #tradicional galega 'Tanto nos Ten' estará mañá venres 30 na #PrazaDeSantaMaría (21:30h) para desfrute de veciños/as e visitantes.



🎧🌾 TANTO NOS TEN 👇



ℹ️ Grupo de #folk considerado o grupo revelación da música tradicional #galega. Caracterízanse por combinar no seu repertorio música e letras da súa propia autoría con cancións populares, escarnio e de humor, comprometidas con #Galicia.. Ademais, a peculiar mestura entre pasodobres, muiñeiras e rumbas e outros ritmos bailables forman, o que o propio grupo denomina música tradicional furtiva.



⛔️⚠️ Dende o Concello de Vilalba lembramos que con motivo da actividade a praza estará pechada ó tráfico de 19:00h.



ℹ️ Recordamos que a fase piloto do Plan de posta en valor da Praza de Santa María sigue vixente coa limitación do estacionamento en toda a praza nas fins de semana/festivos e que, durante o concerto e coma sempre no marco deste piloto, permitirase o #paso de vehículos, o lóxico acceso aos garaxes e, por suposto, estacionar na praza reservada para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) ✅️👇



#Vicealcaldía #Mobilidade #CulturaNaPraza







Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies