Noticias y alertas

🫱🏽‍🫲🏼 Hoxe o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a subdelegada...

30/08/2024

🫱🏽‍🫲🏼 Hoxe o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitaron o Parador de Vilalba con motivo das próximas reformas que se realizarán na Torre dos Andrade



🚶🏽‍♀️‍➡️Xunto á alcaldesa, Marta Rouco, o director do Parador, Antonio Graña, e os concelleiros Eduardo Vidal e Luis Fernández, o delegado do Goberno realizou un percorrido polas renovadas instalacións nas que o Goberno Central investiu máis de 1,1 millóns de euros



🛠️ Grazas a esta inversión o Parador de Vilalba mellorará a súa iluminación con criterios de eficiencia enerxética, procederá á selaxe de desaugadoiros e zonas que provocaban humidades na Torre, actuará nas almenas e mercará mobiliario para ofrecer unha versión renovada e mellorada aos seus hóspedes



ℹ️ En concreto, trátase dun proxecto que se encadra no Plan de Modernización e Competitividade do Sector Turístico, liderado pola Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria e Turismo, con recursos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea



🗣️ Durante a visita a alcaldesa, Marta Rouco, quixo "agradecer ao Goberno Central o seu compromiso e colaboración co noso Concello, salientando a prórroga que acaba de concedérsenos para a reforma da Casa Consistorial con máis de 1 millón de euros de fondos europeos"



















Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies