Noticias e alertas

🥳 Onte inauguráronse de forma oficial as festas patronais coa celebración da...

31/08/2024

🥳 Onte inauguráronse de forma oficial as festas patronais coa celebración da gala do "L Certame Literario do Concello de Vilalba", na que tamén interviu Miguel Barrera, pregoeiro das festas



🏆 Andrea Fernández Maneiro, gañadora da quincuaxésima edición do certame literario máis antigo de Galicia coa sua obra 'Meridiano Orixe' recibiu na gala o premio que recoñece o seu logro



🎭 O acto contou coa intervención da Escola Municipal de teatro e as agrupacións locais Corredores de Sombras e Entre Lusco e Fusco, correndo a cargo de Xulio Xiz e Loli Soto a presentación da gala



🎶 Ademais, o público puido gozar doutras actuacións musicais protagonizadas pola Asociación Cultural Movemento, a Minibanda e a Banda de Música de Vilalba, encargada de pechar o acto



🗣️ Pola súa banda, Xosé Miguel Barrera Vázquez, pregoeiro desta edición, deu lectura á súa intervención na que aproveitou para facer unha mención especial ao 50 aniversario do Certame Literario, así como abordar a teima do escritor, dar voz a algunha das súas obras vencelladas a Vilalba e poñer en valor a importancia dos poetas vilalbeses que seguen en activo



💬 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco lembrou a "todos aqueles que dunha maneira ou doutra contribuiron a facer do noso certame un dos máis prestixiosos de Galicia e o decano dos certames literarios galegos"















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies