Noticias e alertas

👀 Lembra!

02/09/2024

👀 Lembra! Este xoves, 5 de setembro, abre o prazo de inscrición nos cursos de natación da piscina municipal, que comezarán o vindeiro 1 de outubro



✍🏼 Todos os interesados poden inscribirse ata o domingo 15 de setembro na recepción da piscina



🏊🏼 Como cada ano, as prazas serán limitadas, habendo grupos de infantil e adultos. Pola súa banda, tamén haberá diversos niveis: iniciación, nivel medio, familiarización e perfeccionamento



ℹ️ En primeiro lugar terase en conta a antigüidade que acumule a persoa solicitante con respecto a cursos anteriores e nos casos de empate procederase ao sorteo das prazas



📞 Para máis información poden chamar ao 982.51.25.30, escribir ao correo usuariospiscinavilalba@clece.es ou consultar as súas dúbidas presencialmente na recepción da piscina



#alcaldia #concelleriadeportes #cursos #natacion #piscinamunicipal #concellodevilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies