Noticias e alertas

🎶 Chega ao noso casco urbano unha nova programación de actuacións dirixidas ao público familiar e encadrados no programa Dinamiz...

04/09/2024

🎶 Chega ao noso casco urbano unha nova programación de actuacións dirixidas ao público familiar e encadrados no programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN)



1️⃣ A primeira cita, Expedición las Nadies, celebrarase o vindeiro venres, 13 de setembro, ofrecida pola compañía Hipnótica Circo Teatro no Auditorio Municipal de Vilalba



🕢 Un espectáculo que comezará ás 19:30 e cuxa entrada será totalmente de balde, podendo conseguilas a través da páxina web www.entradasvilalba.es



🗣️ "É unha obra moi interesante e entretida para o público familiar, pois combina elementos lúdicos cunha aprendizaxe moi importante", explicou a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo



2️⃣ No mes de outubro, o xoves 31 ás 19:30 no Auditorio Municipal contaremos coa actuación de Pakolas e Laura Romero co seu espectáculo en galego "Ramona Órbita. Cores, contos e rock"



3️⃣ A terceira cita coincidirá coa celebración da Feira do Capón, o vindeiro sábado 21 de decembro, sendo a charanga de mulleres Brassica Rapa a que poñerá a nota musical á festividade coa súa actuación na Praza da Constitución a partir das 12:30



4️⃣ Finalmente, a última actuación chegará no vindeiro ano, sendo o sábado 15 de febreiro cando Pablísimo ofreza o seu espectáculo "Cabicivai" no Auditorio Municipal de Vilalba a partir das 19:30



#alcaldia #concelleriadeinfanciaexuventude #dinamizartj #transicionjusta #CIUDEN



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies