Noticias e alertas

📌 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, advirte “do grave impacto sobre o orzamento municipal do 2025 que terá a subida do canon ...

05/09/2024

📌 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, advirte “do grave impacto sobre o orzamento municipal do 2025 que terá a subida do canon de Sogama anunciado pola Xunta”, unha decisión unilateral "que unha vez máis afoga a economía dos concellos”.



👉 Rouco únese aos numerosos alcaldes e alcaldesas de toda Galicia que esixen “unha rectificación e unha negociación cos concellos, xa que o incremento é desproporcionado”.



❗A Xunta anunciou hai uns días un canon único e incrementado para todos os concellos, que no ano 2025 pasará de 66 euros por tonelada de residuo a 108 euros. No caso de Vilalba, ista subida suporá pasar de pagar uns 340.000 euros a 560.000 euros.



✍️ “O imposto estatal ao que fan referencia para xustificar a decisión non foi creado polo Goberno central, é un imposto derivado dunha Directiva europea que xa se aplica na maioría dos países europeos en determinadas situacións”, lembra a alcaldesa.



Este imposto grava en concreto a incineración e o depósito en vertedoiro, "as fórmulas que usa Sogama de forma prioritaria, en contra de todas as recomendacións europeas e en vez de apostar por un plan de residuos que fomente a reutilización e a reciclaxe".



🖇️ Máis info: https://lc.cx/DWVO15



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies