Noticias e alertas

✍️📚O Concello de #Vilalba fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores da VI...

07/09/2024

✍️📚O Concello de #Vilalba fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores da VI Edición do Concurso de #Microrrelatos. Un certame, que organizamos en colaboración con Culturalia GZ co obxectivo de fomentar o achegamento á lectura.



🎖☝️ Así, en categoría infantil, o gañador foi Nicolás Salgueiro Alonso con "Archienemigos". O segundo premio foi para Duarte MariñoTorrado por "O Poliño Lector" e o terceiro resultou deserto.



🎖☝️ En categoría xuvenil, Lucía Domínguez Pereira logrou o primeiro premio coa súa obra "Rebelde". A segunda praza foi para Paula Pérez Cendán por "Soa" mentres que o terceiro premio recibíuno María Fernández Escariz, por "Ondas".



🎖☝️ Na categoría de adultos, o microrrelato gañador foi "Erro", de Pedro Naveira Pedreira. A segunda praza foi para Sonia Martínez López por "Reflector", mentres que a terceira posición foi para Carlota Millor Prado por "Salvavidas"



🏛 Entregaron os premios a Concelleira de Cultura Tamara Rodriguez, o director de Culturalia GZ Martiño Maseda, o poeta Daniel Irimia e o director de Alvarellos Editora, Quique Alvarellos.



🎼 Colaborou no acto a A.C. Buxos Verdes 🤗















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies