Noticias y alertas

🚛 🎊 O Concello de Vilalba será o escenario este sábado, día 14 de setembro, da terceira edición da Festa dos Conductores

10/09/2024

🚛 🎊 O Concello de Vilalba será o escenario este sábado, día 14 de setembro, da terceira edición da Festa dos Conductores.



A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reuniuse esta mañá no concello con Marcos Anido, da asociación Terra Cha, organizadora desta cita na honra dos conductores, sobre todo os profesionais pero tamén os afeccionados por hobbie a algún tipo de vehículo.



👉 “Unha boa iniciativa e un sector, o do transporte, estratéxico e moi importante, polo que as persoas que se adican a conducir un camión ou unha furgoneta merecen un recoñecemento e unha xornada festiva”, asegura Marta Rouco.



A festa comezará pola mañá, coa entrada paulatina dos vehículos en Vilalba, maiormente camións. Ás 12:00 horas haberá misa e bendición de vehículos, e posteriormente unha comida de fraternidade no Campo da Feira, amenizada por Adrianos e o Dúo Venus.



Pola tarde, inchables para os nenos, sorteo de agasallos e, como fin de festa, unha cea con verbena. Acudirán conductores galegos e doutras comunidades autónomas, como Asturias e Cantabria.



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies