Noticias e alertas

✏️ 🖊️ COMEZO DO CURSO ESCOLAR

11/09/2024

✏️ 🖊️ COMEZO DO CURSO ESCOLAR



✅ O Concello de Vilalba realizou durante o verán actuacións nos centros educativos, licitando tamén outros proxectos necesarios.



👉 A Escola Infantil Municipal conta cun novo sistema de climatización e ventilación (54.000 euros).



👉 O Concello licitou o proxecto de aforro e eficiencia enerxética dos vestiarios do pavillón empregado polo alumnado do CEIP Insua Bermúdez (60.000 euros).



👉 Licitadas tamén as obras para a renovación do pavimento da pista do pavillón do CEIP Manuel Mato Vizoso (88.000 euros).



👉 O pleno aprobou o proxecto do novo PAI, que sairá a licitación este mes de setembro (155.000 euros).



👉 Ademais, no CEIP Mato Vizoso o concello pintou no verán os vestiarios e vaise poñer un ascensor que entra en funcionamento este ano.



👉 Durante o verán, en todos os centros educativos se realizaron traballos de conservación das zonas verdes e acondicionamento dos accesos, así como diferentes actuacións de mantemento dos equipamentos interiores.



✍️ “O ensino público é unha prioridade para o goberno local”, sostén Marta Rouco, “por iso atendemos as demandas da comunidade educativa, aínda que a educación e unha competencia directa da Xunta de Galicia e botamos en falta máis axuda pola súa parte”.



🫶 Grazas e bo curso a tod@s!



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies