Noticias e alertas

🚧 O Vicealcalde e responsable de infraestruturas rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe o inicio das obras de reconstrucción da #P...

11/09/2024

🚧 O Vicealcalde e responsable de infraestruturas rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe o inicio das obras de reconstrucción da #PonteDaRibeira, que conecta as parroquias de Samarugo e San Simón.



ℹ️ Unha nova moi agardada pola veciñanza desta zona de Vilalba, que chega logo de que o Concello recibira da Confederación Hidrográfica - Miño Sil e da Dirección Xeral de Patrimonio as necesarias #autorizacións sectoriais para dar inicio ás obras.



ℹ️ Ademais, e dacordo cos criterios #técnicos da dirección da obra, foi necesario agardar á baixada do caudal debido a que, para a execución da obra, cómpre #desviar a auga e o nivel do río non era o máis optimo para a realización dos traballos.



🗣 'Dende o día 1 da lexislatura, tivemos claro que a obra era prioritaria e actuamos en consecuencia axilizando os trámites todo canto nolo permitiron os tempos da admistración e a propia climatoloxía' explicou Renda.



✅️ Esta obra conta cun prazo máximo dun mes de execución e o obxecto da mesma é darlle solución permanente á actual situación de risco.



#InfraestruturasRurais #Vicealcaldía #Parroquias



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies