Noticias e alertas

✅ O persoal de servizos municipais traballa cada día no acondicionamento do...

15/09/2024

✅ O persoal de servizos municipais traballa cada día no acondicionamento do noso concello.



📌 Esta semana realizáronse, entre outras actuacións:



👉 Desbroce e acondicionamento das vías de servizo dende o polígono das sete Pontes ata a estrada de Lanzós



👉 Traballos varios de colaboración coa Liga Santaballesa na celebración da XIV Feira Indiana



👉 Colaboración coa Asociación de Veciños de Codesido na limpeza da charca do Alligal



👉 Desbroce e retirada de árbores en pistas de Carballido



👉 Desbroce e acondicionamento da contorna dos campos da festa de Carballido e de Guadalupe



👉 Desbroce na contorna da escola infantil da Galiña Azul



👉 Desbroce da contorna do campo da festa de Oleiros



👉 Arranxos varios nas Pontes dos Pasos e do Rañego



👉 Reparacións varias nos colexios Insua Bermúdez e Monseivane de Moreda



👉 Remate da retirada de residuos voluminosos nos terreos da Xira e de portas e outros restos da escola habaneira do Valado en San Simón



👉 Limpeza e retirada de residuos dos terreos das barracas e campo da feira



👉 Recorte de tullas na estrada dos Freires



👉 Podado de árbores invasoras na rúa da Feira



👉 Acondicionamento desbroce, retirada e limpeza das contornas do parvulario e accesos a centros educativos



👉 Baldeado do aparcamento subterráneo da praza da constitución



👉 Reparación de incidencias varias en zona urbana, pintado de vados e reparacións varias de fontanería e elctricidade en bens de titularidade pública















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies