Noticias y alertas

📹 O punto limpo municipal conta con tres novas cámaras de videovixilancia

19/09/2024

📹 O punto limpo municipal conta con tres novas cámaras de videovixilancia



🗣️ Unha medida para "evitar condutas incívicas e que as persoas depositen residuos fóra das instalacións, o que ocasiona notables incidencias no traballo diario do persoal do punto limpo", explicou a alcaldesa, Marta Rouco



➕ Ademais, dende o Concello buscan paliar os roubos recorrentes producidos nas últimas datas, de forma que os dispositivos de vixilancia cubrirán tanto o perímetro interno como a área mínima de acceso á entrada do punto limpo



🕓 O horario de apertura do punto limpo municipal é de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00



♻️ Ademais, o rural vilalbés conta co servizo do punto limpo móbil, que se despraza cada semana a unha parroquia e que se suma á recollida de plásticos que se realiza cada tres meses nos puntos de almacenamento establecidos



🚮 Esta inversión súmase ás melloras acometidas no pasado mes de xaneiro que supuxeron a compra e a colocación de 5 colectores de almacenamento de residuos perigosos, 2 colectores para o depósito de residuos téxtiles e 4 gaiolas destinadas ao almacenamento de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE)



📺 Tamén se procedeu á ampliación da zona específica para o almacenamento de RAEE dunha superficie de 24 metros cadrados, procedendo ademais á impermeabilización desa superficie e da caseta xa existente



#alcaldia #calidadeambiental #puntolimpo #concello #vilalba



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies