Noticias y alertas

🎙️ A alcaldesa, Marta Rouco, informou hoxe en rolda de prensa sobre os datos de final da tempada das novas piscinas municipais d...

20/09/2024

🎙️ A alcaldesa, Marta Rouco, informou hoxe en rolda de prensa sobre os datos de final da tempada das novas piscinas municipais da Madalena, que rexistraron máis de 10.000 usuarios e usuarias durante a época estival



✅ A rexedora valorou moi positivamente uns datos que reflicten "unha media diaria de máis de 100 persoas, que evidentemente se chegou a triplicar nos días de máis calor"



💶 En consecuencia, "as novas piscinas deron como resultado un retorno económico que superou os 27.200 euros; é dicir, unha recadación media diaria de máis de 290 euros", afirmou Rouco, quen lembrou que "as condicións meteorolóxicas non foron as máis oportunas, duplicándose os día de choiva con respecto a veráns anteriores"



🌳 Pola súa banda, Marta Rouco estivo acompañada polo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, quen adiantou que "está previsto ampliar o perímetro da infraestrutura e polo tanto sumar máis espazo verde e de sombra ás piscinas para que, á súa vez, se poida ampliar o aforo das instalacións"



🏊🏼 Ademais, a concelleira de Deportes, Paula Vigo, explicou que tamén se están "analizando as esixencias e as necesidades que suporía levar a cabo algún tipo de actividade dirixida na auga"



🙏🏽 Finalmente a alcaldesa, Marta Rouco, reiterou o seu agradecemento "ao equipo de goberno, á anterior alcaldesa, Elba Veleiro, aos traballadores municipais e a todos os vilalbeses e vilalbesas que confiaron nesta nova infraestrutura e se animaron a visitala para gozar do verán na nosa vila"



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies