Noticias y alertas

🔙 En novembro, a alcaldesa, Marta Rouco, solicitou unha reunión coa directora xeral de mobilidade da Xunta “á maior brevidade po...

14/01/2025

🔙 En novembro, a alcaldesa, Marta Rouco, solicitou unha reunión coa directora xeral de mobilidade da Xunta “á maior brevidade posible, para abordar cuestións fundamentais para os nosos veciños e veciñas”



❌ Dous meses despois e tres dende que a directora se comprometeu a estudar as propostas para desbloquear a situación, Rouco asegura que “non obtiven ningún tipo de resposta nin solución”



🤔 Que se lle proxupera dende o Concello?



➡️ Manter as dársenas actuais como punto de referencia



➡️ Instalar unha infraestrutura para resgardarse



➡️ Habilitar un acceso aos baños do edificio



➡️ Instalar paneis informativos coas rutas e horarios



➡️ Acondicionar a contorna



🚏 Dende a dirección xeral de Mobilidade propoñían instalar unha dársena nas inmediacións da estación, o que suporía o seu peche definitivo



🗣️ "É indignante que levemos quince meses nesta situación e que a Xunta siga na súa de castigar a Vilalba e aos vilalbeses desta maneira”, asegura a alcaldesa



‼️ Quen lembra que os problemas no transporte integrado e escolar do municipio seguen arrastrandose 4 meses despois:



➡️ En San Simón, Vilapedre e Lanzós hai familias con mozos matriculados en bacharelato e ciclos de FP obrigadas a desprazarse cada día ata Vilalba para deixar e recoller aos seus fillos



➡️ No itinerario de Lanzós, o vehículo ten 8 prazas, das cales 6 están ocupadas por alumnado da ESO, 4 alumnos de bacharelato e FP quedan sen servizo e 2 poden empregalo porque a súa parada está no comezo da ruta



➡️ Isto non asegura que ao remate das clases poidan volver á casa no transporte, pois serán os dous primeiros en subirse os que consigan a praza



➡️ No transporte escolar, a Xunta habilitou unha ruta para ir ao CEIP Terra Chá de Román e autorizou máis prazas das que ten o autobús



➡️ “Tamén lles fixen chegar a situación dunha familia dun neno de 3 anos que ten que esperar o autobús na beiravía da LU-120 e que continúa nesta situación meses despois de solicitarar unha solución urxente”



🔗 Toda a información en: www.vilalba.gal/novas



#alcaldia #mobilidade #estacionautobuses #concello #vilalba



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies