12/04/2024
ℹ️🗂 O Vicealcalde e responsable de #Urbanismo Modesto Renda anunciou esta mañá a apertura do proceso de adxudicación directa das seis parcelas de titularidade municipal adquiridas polo Concello no marco do plan de ampliación de #Entrepinares.
O Goberno Local toma, de novo, a iniciativa e faino logo de que as dúas #poxas quedaran desertas ao non cumpriren os interesados/as coas condicións que se fixaban nas bases reguladoras.
🗣 “O noso obxectivo é dar todas as facilidades ás empresas para que se instalen en #Vilalba e é por isto que decidimos abrir un mes de prazo dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP (foi publicado hoxe polo tanto dende mañá sábado 13) para que os autónomos interesados/as presenten as súas solicitudes, sendo agora as condicións da adxudicación directa exactamente as mesmas que se contemplaban nas bases da última poxa” explicou Renda.
📓💶 PREZOS E SUPERFICIE DAS PARCELAS 👇
As #parcelas suman en conxunto 5.600 m2, sendo a máis grande de 1.315 m2 de superficie catastral e 1.052 m2 de superficie edificable e as dúas máis pequenas de 1076 m2 e 860,80 m2 edificables.
No tocante ó seu prezo é de 48,80€ o m2 máis IVE e este está estipulado conforme a #taxación que obra no expediente, efectuada a mesma conforme as determinacións do artigo 77 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
📲Toda a información e as #bases no taboleiro de anuncios do Concello ➡️ https://vilalba.sedelectronica.es/board
📲Enlace do anuncio no B.O.P do 12/04/2024 ➡️ https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/12-04-2024.pdf#page=41
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies